Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Lenda sobre a fundación da cidade de Lugo

Por 6 Abril, 2018Sin comentarios

Por José A. Folgueira Yañez e Marco A. Fernández

En realidade son varias lendas ou ditos que recopilamos sobre este tema, e as que nós xuntamos e ordeamos por tratar sobre o mesmo tema. “Dende roma chegan dous irmáns pra fundar unha vila na Chaira. Haberá un pleito entre eles, xa que non se poñen dacordo en onde a van levantar. Un quere facelo na actual Lugo, o outro quere en Cela”. “Hai un litixio entre dous irmáns, pra amurallar Lugo ou Cela. Ao final amurallase Lugo e en Cela levantárase fortaleza.” “Ao final faise en Lugo, e na fundación participan unhas mulleres chamadas as luguesas que consagraron a cidade de Lugo en nome do que elas representan, o deus Lucoubu.” “Os romanos primeiro fixeron a Igrexa de Santa María de Cela, despois levantaron a igrexa de Santa María de Lugo nos terreos que ésta familia de Cela tiña dentro das murallas de Lugo”. Seguindo cas lendas desta época, atopámonos con este dito  do antigo cura de Triabá e Matadoso, que decía: “Dende Triabá marchaba o manto feito en liño pro emperador de Roma”