Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Un xulgado declara nulo un despido no GES de Guitiriz

Por 18 Abril, 2018Sin comentarios

O Xulgado do Social Nº 2 de Lugo vén de declarar como nulo o despido dun traballador do servizo de GES de Guitiriz no mes de outubro.

A CIG foi a encargada de levar adiante a demanda deste despido, no que segundo aclara o sindicato “víase claramente se trataba dun despido represivo e antisindical, que obedecía exclusivamente ás demandas que como traballador tiña presentado ante a alcadía polos incumprimentos nos dereitos do persoal”.

Despois de máis de 5 meses quedan claramente demostrados os incumprimentos da Alcaldía, primeiro a través da Acta de Inspección de Traballo, e agora a través desta sentenza.

A sentenza determina claramente que o despido foi consecuencia da interposición dunha demanda ante o SMAC e dunha denuncia ante a Inspección de Traballo, e que a suposta “inadaptación do traballador para non pasar o periodo de proba non era tal, senón que respondía únicamente aos “problemas” que existían co demandante polas pretensións deste de adaptar o seu horario á realización dun curso de FP, e á solicitude de vacacións, ambas pretensións axustadas a dereito conforme ao Convenio Colectivo do Concello de Guitiriz e ao E.T., tal e como recolle explícitamente a sentenza.

Igualmente, a sentenza non só declara nulo o despido senón que determina a condición de indefinido do traballador, toda vez que o contrato de obra subscrito está en fraude de Lei posto que é impreciso e que se trata dunha actividade que non é temporal, senón continuada.

“Desde a CIG, por enésima vez chamamos á alcaldesa de Guitiriz a que aparque a súa prepotencia e os seus caprichos e poña en marcha unha práctica de relación laboraios baseada no diálogo e no respecto ao propio Convenio Colectivo do Concello de Guitiriz, convenio por certo asinado por ela mesma”, indican os sindicalistas.