Skip to main content
ActualidadeCospeito

Cospeito destinará 170.000 euros do Plan Único ao arranxo de vías

Por 20 Abril, 2018Sin comentarios

O Concello de Cospeito destinará 170.247 euros do Plan Único da Diputación ao arranxo e reparación de varios viais municipais, obras que están pendentes de licitación. Unha das primeiras vías nas que se actuará será a de acceso á Lagoa, de 660 metros, na que se aplicará aglomerado en quente. Con esta actuación, repoñerase o firme e axudarase a poñer en valor tamén a contorna.

Está prevista ademais unha actuación no núcleo central de Muimenta, onde se atopan os principais servizos. Concretamente, aplicarase tamén aglomerado en quente na Rúa Aquilino Igrexa e na avenida e a travesía de Santa Mariña.

A estes traballos sumarase o arranxo duns 400 metros do camiño que une Piñeiro coa Rabadá. Xa se traballara nesa zoña preparando con zahorra. O camiño que une Cerveiro co transformador de Goá, e Roás cara ao Santo e Vilalba son dúas zonas máis nas que se actuará.

Tamén se renovará a pista de O Pozo, en Muimenta, así como a da Bouza, en Xustás, na que se aplicará dobre rego asfáltico nuns dous quilómetros. Esta últma vaise facer practicamente de novo, ao igual que a estrada de Castelo, en Roás, na que se utilizará o mesmo tratamento.

Todas estas obras comezarán en canto chegue ou bo tempo, segundo indicou o alcalde, Armando Castosa, quen tamén asegurou que a intención é telo rematado para o verán.