Skip to main content
Actualidade

Penúltima xornada de billarda na Ponte de Outeiro

Por 24 Abril, 2018Sin comentarios

Acabou o aberto de billarda na Ponte de Outeiro con máis de 60 participantes. No podio final quedaron de primeiro Markytos de Ribadeo; segundo Xosé Regueiro de Baltar e terceiro Manu Pozo, tamén de Ribadeo.
Na clasificación xeral segue Charly, da Ponte de Outeiro, líder cunha cómoda ventaxe a falta dunha soa xornada para acabar a Liga.  E na clasificación por equipos, os gañadores foron os Billardeiros musicais, que manteñen o primeiro posto, seguidos por Carabullo de Outeiro e Chainzos-Cadaval de Castro de rei.
Cada xogador levou de regalo un castiñeiro e os tres primeiros uns trofeos artesanais ademais de árbores froiteiras.
Con estas árbores levan máis de 200 prantas autóctonas dadas no aberto da Ponte de Outeiro.
Ademais, antes do aberto, as persoas participantes desfrutaron dun xantar de confraternidade.