Skip to main content
Actualidade

Arrinca o plan de emerxencias para os encoros das Pontes

Por 25 Abril, 2018Sin comentarios

O goberno das Pontes, a Xunta de Galicia e Endesa botaron a andar o plan de emerxencias dos encoros da Ribeira e do Eume coa celebración da primeira reunión informativa na que participaron o concelleiro de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos, Antonio Alonso; o concelleiro de Servizos, Medio Rural e Seguridade Cidadá Antonio Castro, o Director Xeral de Emerxencias e Interior de la Xunta de Galicia, Víctor Vázquez, e o delegado territorial de hidráulicas de Endesa para o Noroeste, Rafael Armas. Na reunión tamén estiveron presentes membros da Policía local, Protección Civil e o arquitecto do Concello.

Durante este encontro informativo puxéronse enriba da mesa temas como a implantación dun sistema de sinais acústicas de aviso de emerxencia, o establecemento de puntos de encontro para a poboación así como a creación dun comité de crise ou a instalación de casetas de emerxencia.

Esta primeira toma de contacto entre todos os actores implicados na elaboración do plan de emerxencias para os encores ponteses foi valorada de xeito moi positivo polo concelleiros responsables das áreas de Urbanismo e de Seguridade Cidadá, Antonio Alonso e Antonio Castro. “Durante esta reunión abordáronse temas de gran importancia para o Concello de As Pontes e os seus veciños. Nun breve período de tempo, non superior a un ano, contaremos cun plan de emerxencia para encoros propio e, desde o goberno local colaboraremos de forma activa na súa posta en marcha, execución así como en todas cuestións técnicas que sexan precisas” remarcaron os membros do goberno local.