Skip to main content
ActualidadeMeira

O Concurso de Tapas de Meira entrega os seus galardóns

Esta semana procedeuse á apertura das urnas do 7° Concurso de Tapas de Meira e ao reconto de votos. Os resultados obtidos foron moi satisfactorios para os hosteleiros meirenses. O gañador deste ano foi O Recuncho coa súa tapa Presa de porco ibérica con crema de trufa e caviar de aceite de oliva, seguido de O Catalán con Postre de arroz con pollo Shanghai e O Pozo con Tosta agridulce.

Os establecementos quedaron moi contentos cos resultados acadados e coa cantidade de xente que participou nesta edición, e que cada ano supera á anterior.

As persoas que quixeron degustar estas deliciosas tapas, puideron votar a súa calidade e presenza, pero para ter a posibilidade de gañar os premios valorados en 300 euros, 210 euros e 90 euros, tiveron que probar como mínimo seis tapas e ter a cartilla selada neses establecementos. Quen cumpra este requisito, entrarán no sorteo de tres vales de compra para gastar nos negocios do municipio meirego. Os agasallados foron B.A.V da Pontenova, E.F.B de Meira e J.M.F.E tamén de Meira. 

A entrega de premios e diplomas fíxose na Casa do Concello, con todos os participantes e os gañadores do público.