Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Os cadetes de fútbol Sala de Guitiriz xogarán por primeira vez o Campionato Galego

Os equipos das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Guitiriz están de noraboa estes días, nos que se deu por rematada a Liga. O mellor situado de todos foi o equipo cadete, que conseguiu por primeira vez na súa historia clasificarse para xogar o Campionato Galego. O equipo que dirixe Maradona rematou a súa participación na liga cunha segunda posición no grupo Norte da Liga Galega Cadete, conseguido na súa xornada de descanso e tras perder, de forma totalmente inesperada, o Parrulo co pechacancelas do grupo.

Ao Campionato Galego acuden a xogar polo título os dous mellores equipos do Norte e os dous mellores do Sur nunha liguiña que se disputará o próximo 17 de maio en Mondariz. O Concello de Guitiriz xogará a semifinal contra o Vigo pola mañá e se gaña xogará pola tarde a final contra o gañador do enfrontamento Burela-Celanova.

Con ese resultado na Liga quedou clasificado para xogar tamén a Copa, que terá lugar a fin de semana do 26 e 27 de maio.

Pola súa banda, o equipo infantil foi o mellor clasificado da provincia en Liga Galega, na cuarta posición e tamén disputará a Copa, á que se clasifican os oito primeiros. O primeiro enfrontamento será co Keeper Galicia Lugo Sala, en partido adiantado ao 18 de maio.

O equipo xuvenil de División de Honra, categoría á que ascendeu este ano, tamén finalizou xa a competición clasificándose para a Copa pero perdeu o primeiro partido tras a lesión de dous xogadores na primeira eliminatoria.

En alevíns, os equipo de Liga Galega está a disputar a Copa.