Skip to main content
ActualidadeCultura TERRACHÁXALUGOXAVilalba

Alumnos do Conservatorio de danza representan en Vilalba ‘O bosque animado’

Por 25 Maio, 2018Sin comentarios

A gala grao profesional 2018 do conservatorio profesional de danza de Lugo representará O bosque animado.

O alumnado de grao profesional das especialidades de danza clásica e danza contemporánea interpretan unha adaptación da obra literaria de Wenceslao Fernández Flórez O bosque animado, ambientada na fraga de Cecebre.

Un total de 109 artistas en escea, entre alumnos e profesores, xuntaránse no auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba o martes 29 de maio ás 20.30 horas, e a entrada será gratuíta.