Skip to main content
Actualidade

Festa motera en Castro Ribeiras de Lea o día 9

Por 25 Maio, 2018Maio 27th, 2018Sin comentarios

A asociación cultural e deportiva CuldeCastro e Trasnosound Events unen as súas forzas para crear a Festamotera en Castro Ribeiras de Lea.

A celebración terá lugar o sábado 9 de xuño  e conxugará varias actividades diferentes. Ademais da festa moteira, que se fará no Team Racer, haberá moitas actividades para toda a familia desde o mediodía. O xantar custará 6 euros e consistirá en churrasco.

Como complemento, presentarse tamén o festival Motorbeach.

A música da xornada estará a cargo de DJ Crazy Pelucas, DJ Kron, DJ Jacobo Indomable e DJ Mr. Fishman.

Entre as actividades previstas figura unha xincana, ruta motera, agasallos, tatuaxes, etc.