Skip to main content
Actualidade

A Festa dos Nenos de Outeiro de Rei será o 1 de xuño

Por 26 Maio, 2018Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei xa está preparando, para o venres día 1 de xuño, a vixésima Festa dos Nenos, na que cativos e rapaces poderán gozar para o seu divertimento, como xa é tradicional nesta celebración, de atraccións como inchables, kars, e tobogáns. Tamén haberá merenda gratuíta e como remate non faltará a divertida festa da escuma, polo que convén non esquecer traer roupa cómoda e axeitada para as molladuras.

A festa realizárase desde as 16:30 h e ata as 20:00 h na Praza do Concello. En caso de choiva ou mal tempo a celebración trasladarase aos pavillóns municipais e ao pavillón do colexio.