Skip to main content
ActualidadeRiotorto

O Concello de Riotorto organiza unha viaxe en tren de Ribadeo a Viveiro

Por 26 Maio, 2018Sin comentarios

O Concello de Riotorto organiza unha viaxe de Ribadeo a Viveiro en tren que terá lugar o 5 de xuño  con saída de Riotorto ás 9.30 horas.

O tren terá a súa saída ás 11.30 horas de Ribadeo, tras un almorzo conxunto que se fará unha hora antes. O grupo de visitantes ten prevista a chegada a Viveiro ás 12.45, onde visitarán o acantilado de Loiba antes do xantar. Pola tarde percorrerán Viveiro e posteriormente Sargadelos para volver a Riotorto ás 21.30 horas.

Os interesados en participarán nesta excursión, que terá un prezo de 15 euros, deberán facelo chamando ao 608 897 418. Hai dispoñibles só 50 prazas e teñen preferencia as persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais. O día 1 de xuño remata o prazo de inscrición.