Remata a Liga Nacional de Billarda con podios para a Terra Chá
28 Mai 2018
Actualidade, Castro de Rei, Deportes, Terra Chá
Actualidade, Castro de Rei, Deportes, Terra Chá
Onte disputouse en Santiago de Compostela as finais da liga nacional de billarda. Para estas finais só se clasifican os mellores de toda Galicia en cada categoría.
A Terra Chá estaba representada polos equipos da Ponte de Outeiro, Carabullo e Chainzos-Cadaval, de Castro de Rei.
Foi unha destacada actuación dos da Ponte de Outeiro que se repartiron os podios cos equipos das Rías Baixas, levando os chairegos o primeiro posto de varados con Tomás como campión nacional e Santi subcampión.
Por equipos, Carabullo foi o terceiro, superado só por Lúa de Forza de Sanxenxo e Corredoiras de Bueu.
Etiquetas billardacastro de reiDeportes