Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz, campión provincial nas categorías infantil e cadete

Por 29 Maio, 2018Sin comentarios

A Escola deportiva de Guitiriz proclamouse campioa do torneo de fútbol sala provincial infantil que se xogou en Castro de Rei a última fin de semana de maio. Este torneo  infantil forma parte do programa de deporte escolar Xogade.

O torneo, que tivo lugar no pavillón municipal de Castro de Rei, enfrentou ás Escolas Deportivas de Guitiriz, o ACD Xove, o Lumieira Lugo e o equipo de fútbol sala de Outeiro de Rei. Os partidos comezaron ás 11.30 horas e a final disputouse entre o Guitiriz e o Xove.

O equipo que dirixe Maradona comezou cun espectacular 6-2 na primeira parte do partido e rematou marcando un gol máis quedando co resultado 7 – 3.

A fin de semana anterior, o equipo cadete EDM Concello de Guititiriz proclamouse tamén campión provincial da súa categoría na mesma competición que se celebrou nesta localidade chairega. Guitriz, Vilalba 2, ao que venceu en seminifinais, e Outeiro de Rei e Meigallos foron os outros finalistas. O equipo que dirixe Maradona venceu no último partido aos sarriaos por 0-7.

Nesa mesma xornada o equipo prebenxamín caeu en semifinais ante o, á postre, campión por 0-3.

Pola súa banda o equipo benxamín quedou subcampión provincial tras o Casás, na sesión celebrada o domingo en Quiroga.