Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Vilalbés A prebenxamín, campión da Copa Deputación

Por 4 Xuño, 2018Sin comentarios

O equipo A do Vilalbés quedou este sábado campión da Copa Deputación na categoría prebenxamín no torneo disputado entre catro equipos na estadio da Magadalena. Os pequenos do Vilalbés derrotaron en semifinais ao Santiago de Foz por 3-1 mentres o Milagrosa A facía o mesmo co Residencia cun resultado de 4-1.

Na final, os verdivermellos venceron ao Milagrosa por 6-3 deixando ao Santiago de Foz terceiro na Copa tras a derrota por 3-2 ao Residencia.

Un día fantástico e numeroso público animou unha xornada na que representantes do ente provincial fixeron entrega dos trofeos e as medallas aos catro equipos participantes.