Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Rácing Club Vilalbés recibe un premio á deportividade

Por 13 Xuño, 2018Sin comentarios

O Rácing Vilalbés remata a súa tempada 2017-2018 sen o esperado ascenso a Segunda B pero obtén o premio á deportividade, que lle será entregado o próximo día 29 en Santiago de Compostela na Gala do Fútbol Galego.

O club chairego fixo pública a comunicación da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol na que lle informaba de que o equipo será galardonado como o máis deportivo de Terceira División na tempada 2017-2018.

O presidente do Vilalbés, Francisco Ruiz, mostrouse orgulloso por que o club reciba un premio ao xogo limpo e asegurou que é “une o exemplo para vos nosos rapaces”.

A Gala do Fútbol Galego está organizada a este ano por primeira vez de forma conxunta pola ACGF e a Federación Galega de Fútbol. Nela, entregaranse os trofeos aos equipos campións de ámbito autonómico tanto de fútbol campo como fútbol sala, aos clubs que realizan un traballo destacado no fútbol base, árbitros, adestradores, xogadores, patrocinadores, á mellor afección e directivos ou colaboradores que leven toda a súa vida dedicada ao fútbol, entre outros galardóns.