Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O BNG de Guitiriz convoca aos veciños para informar sobre a supresión de pasos a nivel

Por 19 Xuño, 2018Sin comentarios

O BNG de Guitiriz vén de anunciar a celebración dun acto aberto para darlle a coñecer á cidadanía a nova proposta de supresión de pasos a nivel presentada por ADIF ao Concello de Guitiriz. Será o vindeiro mércores 20 ás 21:30h. no Restaurante Comba e no mesmo, explicaráse o posicionamento e propostas do BNG e se recolleran opinións e demandas dos veciños e veciñas.

O Concello de Guitiriz presentoulle aos grupos políticos esta proposta achegada polo ADIF nunha reunión o pasado venres 15, na cal se pediron suxestións e propostas que se analizarán o vindeiro martes 26, data na que se decidirá se por parte do Concello se acepta esta proposta e se continúa a desenvolver. Por parte do Concello non está prevista ningunha reunión informativa para a cidadanía en xeral.

“Diante da negativa da Alcaldía para dar explicacións e amosarlle aos veciños e veciñas a proposta que se está a barallar, seremos nós mesmos quen o fagamos. É un exercicio de transparencia mínimo, mais vital, dado a importancia do tema” dí Xose Lois González Souto “Pereira” quen explica que “o ADIF teima en tronzar ó medio o pobo de Parga cunha proposta que dividiría a vila entre “Parga de arriba” e “Parga de abaixo”