Skip to main content
ActualidadeVilalba

Adega denuncia danos nunha das mámoas de Pena Grande

Por 26 Xuño, 2018Sin comentarios

Adega e Mariña Patrimonio veñen de presentar perante o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) unha denuncia por posibles danos ocasionados na Mámoa 9 de Pena Grande en Vilalba, por mor dunha plantación ilegal de eucaliptos. Este ben patrimonial foi danado como consecuencia dos profundos sucos realizados sobre a masa tumular no transcurso dos traballos forestais. Todo parece indicar que esta plantación afectou tamén á cámara da mámoa ao remover parte da súa estrutura.

A Mámoa 9 forma parte dun sitio arqueolóxico de gran valor, conformado por dez túmulos xunto con dous abrigos paleolíticos. En novembro de 2017 Pena Grande foi noticia ao pretender o Ministerio de Facenda subastar por 7.700 euros os terreos onde se atopan os importantes vestixios arqueolóxicos. “A poxa paralizouse grazas ao labor desenvolvido por varias asociacións que defenden o patrimonio, conscientes de que os terreos e os bens que se atopan neles serían plantados de eucalipto, tal e como acaba de suceder coa Mámoa 9 de Pena Grande”, indican.

“Adega e Mariña Patrimonio preguntámonos de que pasta son os responsables da Consellería de Cultura, insensibles co drama que está a provocar a industria do eucalipto no patrimonio cultural de Galicia”, conclúen.