Skip to main content
A PastorizaActualidade

Comezan as obras na pista de pádel da Pastoriza

Por 1 Xullo, 2018Sin comentarios

O Concello da Pastoriza iniciou as obras de construcción da nova pista de pádel, que se ubicará ao lado do colexio, do pavillón e das pistas cubertas exteriores na capitalidade do municipio. Esta obra englóbase dentro dunha serie de actuacións vincualdas á práctica deportiva, sendo tamén a que máis orzamento ten.

Esta nova infraestrutura faise dentro das pistas multideporte polo que hai que rediseñar o espazo existente. É unha instalación deportiva moi demandada que complemente a oferta existente no concello e que amplía o abano de deportes a poder practicar no concello sen ter que desprazarse, tal e como indica a tenente de alcalde do Concello, Elba Carrera, que di que “o Concello da Pastoriza é un referente en práctica deportiva polo número de instalacións actuais, ás que se suman unha pista de kártíig e unha piscina climatizada que se porá en marcha este ano”.

A pista de pádel conta con 235 metros cadrados, vai cuberta con panel sandwich en chapa de aceiro combinada con paneis traslúcidos, pechada en vidro templado e maia galvanizada. Contará tamén con control dixital de acceso e pavimento poroso.

O orzamento é de 54.309 euros, na súa práctica totalidade financiado pola Deputación. A intención do concello é ter as obras rematadas a finais do mes de xullo para poder poñer en marcha o curso próximo esta disciplinas nas escolas deportivas.

Ademais, este programa engloba outras actuacións como correxir as perdas de auga dos canalóns que provocan filtracións de auga no polideportivo da Pastoriza e refacer de novo os baños no de Bretoña. A maiores fixéronse melloras na pasarela de unión do pavilón co colexio, na que se aplicou unha imprimación antideslizante, xa que os pequenos esvaraban polo desgaste do formigón.

PISCINA. O Concello continúa co proceso para poñer en marcha a piscina municipal. Esperan que a Deputación entregue as obras en breve xa que están solucionados os problemas técnicos e administrativos. En datas próximas firmarán un convenio, que xa foi aprobado pola Xunta de Goberno do organismo provincial mentres o concello espera asinar un contrato para o asesoramento técnico para a posta en marcha.

A idea é levar a cabo unha pequena obra e dotala de equipamento durante o verán para poder poñela en marcha a partir de setembro.