Skip to main content
ActualidadeVilalba

Ao redor de 40 vehículos cítanse en Vilalba por San Cristovo

Por 3 Xullo, 2018Sin comentarios

Este sábado 7 de xullo celebrase a tradicional festa de San Cristovo onde participarán uns 40 vehículos do club de clásicos de Narón.

Os actos comezarán coa tradicional misa ás 13:00 horas seguida da habitual procesión de coches. A continuación haberá unha sesión vermú co Dúo Pedriñas e un xantar popular a cargo do catering Rochela que contará con xamón cocido, polbo, churrasco e sobremesas, todo esto por 22 euros os adultos e a metade de prezo para os máis pequenos. Haberá tamén unha rifa, sorteo de premios e moito baile.

As persoas interesadas en asistir pode poñerse en contacto no 636 96 26 26 (Lito) ou 609 83 28 61 (Rouco).