Skip to main content
ActualidadeMeira

De Dios pedirá a rebaixa do tipo impositivo do IBI para todos os veciños

Por 4 Xullo, 2018Sin comentarios

O alcalde de Meira, Antonio De Dios, anunciou no último pleno que en cando abra o prazo solicitará unha rebaixa do tipo impositivo do IBI para o ano 2019 tanto para vivendas agrarias como urbanas “porque as contas están saneadas”.

De Dios indicou que foi o anterior rexidor o que solicitou no ano 2013 a subida do IBI do 0,60 ao 0,66. Malia que Facenda solicitou ano tras ano o incremento, o alcalde actual negouse e “agora que as contas están saneadas e a lei nolo permite tras varias melloras no concello para ter liquidez, podemos facelo”.

O alcalde indicou que a mala xestión feita polo anterior equipo de Goberno deixou a Meira sumida nunha mala situación económica con unha débeda moi elevada. Indicou tamén que se realizaron obras con préstamos como a da guardería, que significou un cargo grande para o concello. “Desde que nós entramos, conseguimos a financiación de todas as obras por parte da Deputación, senon completas, si unha parte importante, para evitar o endeudamento”, explicou. Engadiu tamén que a privatización do Servizo de Axuda ao Fogar foi unha das primeiras medidas que tomou o seu equipo para solventar a situación.

Segundo indica, actualmente a débeda xa baixou. O Concello está pagando aos proveedores nun prazo de 9 días cando en 2013 era de 130 días. Actualmente, ten un remanente de tesourería de 424.717 euros e destinará 269.000 a realizar diversas obras de mellora en camiños y viais, así como a colocación de luces led en toda a vila e ao alcantarillado. Tamén destinarán unha parte a mellorar o servizo de axuda no fogar e a actividades culturais e deportivas entre as que se atopan recuperar a comida dos maiores.

Por outra banda, Antonio de Dios anunciou que fará un bando explicativo sobre o tema do catastrazo e invitou a todos os veciños a informarse sobre a situación actual.