Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O club de atletismo de Friol suma e segue triunfando

Por 4 Xullo, 2018Sin comentarios

Histórica actuación das nosas representantes no pasado Campeonato de España sub 16 de Castellón, xa que Nerea Lage lograba subir o podium neste evento de carácter nacional na disciplina dos 3.000 metros marcha e onde Paula Piñón tamén conquería a condición de finalista nas probas do lanzamento de xabalina e no lanzamento de disco.

Nerea Lage lograba a medalla de bronce no Campeonato de España sub 16 na proba dos 3.000 metros marcha, onde lograba un crono de 15.01 minutos, marca que supón un novo tope personal, mentras que Paula era séptima no lanzamento de disco cun mellor tiro 35.32 metros e facía o mesmo no lanzamento de xabalina, onde ahí mandaba o artefacto os 35.42 metros.

Tamén o  sábado 30 de xuño disputouse o Campenato Galego Absoluto, onde o club estivo representado por Vanesa Blanco e María Carballido, que terían unha destacada actución, e onde se lograba un podium na cita máis importante do calendario atlético galego.

Así, na proba dos 5.000 metros marcha, Vanesa Blanco lograba a súa primeira medalla no galego absoluto o rematar en terceira posición cun tempo de 29.15 minutos, mentras que na proba dos 400 metros valos, María Carballido era cuarta cun mellor tempo de 1.09 minutos.