Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

José Santos, alcalde de Friol: “Estamos a situar Friol no seu lugar en todos os aspectos”

Por 7 Xullo, 2018Sin comentarios

Friol está de celebración estes días. Con qué espírito enfronta o Concello as súas patronais?

Para un alcalde, as festas patronais supoñen un aliciente máis para continuar facendo cousas polos seus veciños. A mín gústame ver os meus veciños felices e contentos e nas súas festas eses dous complementos xúntanse; por tanto, para mín é un orgullo ser alcalde de Friol  e ver os meus veciños desfrutar das súas festas. Todo evento que se celebre nun Concello aporta riqueza entre outras moitas cousas, e as festas patronais ademais de aportar eses ingresos extra nos diferentes establecementos, tamén crean unha maior rentabilidade aos distintos negocios que temos no Concello. A parte de todo o anteriormente mencionado, as patronais, axudan a facerse máis coñecidos e que se acheguen visitantes e foráneos que aproveitan para que, dado que estamos en época estival desfruten das vacacións, e visiten Friol para coñecer este municipio e en particular as súas festas. Todo isto sempre aporta un consumo e por tanto un ingreso e rentabilidade aos negocios e as empresas do noso Concello.

Que valoración fai deste tempo ao fronte do concello?

A miña valoración é positiva. Estamos a conseguir situar a Friol no lugar que se merece, en todos os aspectos. Somos un dos municipios con máis aportación ao sector primario. Estamos despexando no eido empresarial e somos un concello atractivo para todo tipo de visitantes, todo esto xa é un importante logro por parte de todos os veciños de Friol.

Cales son as necesidades máis urxentes do Concello?

O empeño e o traballo do equipo de Goberno de levar a cabo esa modernización. Dende o Concello, estamos tratando de mellorar todos os servizos do casco urbano e tamén acondicionando as prazas e parques existentes, porque cremos que é algo fundamental que os nosos veciños poidan disfrutar dos mellores servizos, como tamén é importante para os visitantes, razón pola que vemos que a gran maioría desa xente que ven o noso Concello disfrutar duns días de lecer, sempre repite. Tamén dende o equipo de Goberno estamos a facer un esforzo importante no acondicionamento e mellora dos servizos e accesos nas 32 parroquias coa mellora das pistas municipais, de camiños de carácter agrícola, na renovación de alumeados no rural, etc… Creo que debemos manter e mellorar dentro das nosas posibilidades todo tipo de servizos relacionados co rural dado que o sector primario é o principal e o sector  máis importante que temos a día de hoxe. Esta modernización que queremos para Friol tampouco sería posible se os veciños e empresas non se involucraran. Grazas tamén a todos eles estamos conseguindo que o noso concello sexa un reclamo de cara ao exterior. A miña motivación é a de poder axudar aos veciños e veciñas de Friol a que poidan ter unha boa calidade de vida e tratar de cubrir as súas necesidades dentro do ámbito público, para que poida ser unha realidade. Creo que intentar mellorar a calidade de vida en todos os aspectos dos veciños é algo que nos debemos marcar os alcaldes, de aí esa loita que estamos levando a cabo en Friol para renovar e mellorar os servizos públicos e tamén a creación de diferentes plans de emprego para conseguir así que unha gran maioría dos desempregados do noso concello teñan opción de traballo e poidan seguir arraigados en Friol.

Recentemente enfrontouse ao conselleiro pola paralizacion de varias obras pendentes no Concello. Conseguiu avanzar nese senso?

Si, sen dúbida. De feito, xa temos redactado o convenio de colaboración, no que a Consellería aporta 400.000 euros para a rehabilitación integral do edificio do Centro Sociocultural que temos na capitalidade e nos vindeiros meses coñeceremos eses avances que se fixeron en torno á construcción da residencia da terceira idade.

Que novas propostas ten pensadas?

Novos e importantes apoios á xente moza, axudas á natalidade, abrir novas liñas de saída en canto á creación de postos de traballo, será unha maneira de fixar poboación; así como dar servizos aos nosos maiores ou apoiar o sector primario. Neste caso é fundamental, dado que é na actualidade o principal sector que temos no noso municipio. Tamén hai que aumentar e ofrecer os recursos dos que dispón o concello para que sexamos visitados, difundindo o patrimonio cultural e turísticos dos que disponemos.

O polígono estase a convertir nun activo importante?

Dende logo que si, dende o equipo de Goberno fixemos unha importante aposta por apoiar e axudar ás diferentes empresas interesadas en ubicar a súa actividade no noso polígono, aínda que non debemos baixar a garda. Xa conseguimos un importante logro, existe un importante número de empresas que nos últimos tres anos se asentaron como tamén o van facer outras nos vindeiros días, xerando por tanto movemento económico e de emprego.

Os maiores son a gran preocupación dos concellos como o de Friol. Como traballa o Concello sobre este particular?

Pois os servizos sociais desde o Concello tomámonolos como algo prioritario. Agora mesmo están en fase de aumento, dado que cada vez obtemos máis axudas económicas neste ámbito, xa que logo, reflíctese en achegas en máis horas de servizo a domicilio a persoas que por desgraza non se valen por si mesmas; aumentamos as cantidades de alimentos para aquelas familias necesitadas, solicitamos e cubrimos as dúas prazas do risga que temos no noso concello; non escatimaremos esforzos en aumentar cada vez que sexa posible o Servizo de Axuda no Fogar, algo moi importante para que os nosos maiores gocen dun nivel de vida acorde como merecen. O sector de persoas cunha idade avanzada nos municipios do interior da provincia cada ano vai en aumento, xa que logo desde os concellos tamén debemos esforzarnos en aumentar os servizos necesarios que os nosos maiores teñan unha vida digna. Cada vez que temos posibilidade, demandamos á Conselleria máis horas e máis apoio económico para intentar cubrir todas as necesidades dos nosas veciños de avanzada idade.

Que valores destaca do Concello?

Friol reúne todos os requisitos. A nosa gastronomía é unha das mellores de Galicia. Temos no noso patrimonio a Torre de San Paio de Narla, unha das máis destacadas igrexas románicas, como é a da parroquia de Guimarei; unha importante mámoa, como é a Muruxosa; o camiño Norte; na mesma capitalidad dispoñemos de diferentes espazos públicos destinados ao lecer e ao deporte, parques infantís; o paseo fluvial e tamén unhas importantes instalacións deportivas asentadas na contorna das piscinas. Somos un municipio con moitísimo potencial, valor gastronómico, turístico e cultural. Desde o equipo de goberno tratamos de mellorar os nosos servizos todos os días, traballamos para facilitar o laboro diario; entón proporcionamos camiños de acceso, centros sociais, iluminación, actividades culturais, etc. E debo recoñecer que as persoas están involucradas en cada traballo, os veciños colaboran en todos os actos, e fano en cada festa, feira ou calquera outra actividade. Despois da carreira popular ou do Friulio, espéranos un verán moi dinámico con cursos de natación, a apertura das piscinas dos meses de xullo e agosto, festas, campamentos, feiras do cabalo e do gando, excursións para anciáns, é dicir, actividades para todos os gustos.