Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba saca a licitación o mantemento da piscina e do autorio e varias obras

Por 8 Xullo, 2018Sin comentarios

O Concello de Vilalba sacará nos próximos días varios pregos de contratación, atascados nos últimos tempos, como explica o alcalde, Agustín Baamonde “ao igual que no resto de entidades, por culpa da lei de contratos do Estado”.

O rexidor explica que houbo que adaptarse á nova normativa “na que todo cambia e elimina ou modifica completamente a forma de facer os contratos menores e obriga á licitación publica tanto na obra como nos servizos como nos suministros, xerando tamén criterios de interpretación distintos que dificultou, non só a nós, a adaptación á normativa”.

Segundo indica o alcalde, xa sairon á licitación pública, o plan de Camiños da Xunta, por un importe de 130.000 euros e que contempla a mellora dos camiños en tres parroquias concretas, Vilapedre, Insua e Noche.

Tamén saiu esta semana a contratación a obra do fondo de compensación ambiental na rúa de San Roque, por un importe de 200.00 euros.

O alcalde de anunciou tamén que nos próximos días sairán publicados os pregos de varias obras que estaban pendentes á espera de subvencións. As axudas estanse publicando estes días polo que o Concello xa comezou cos trámite para preparar diferentes obras. Unha delas é o ascensor da biblioteca xa que a día de hoxe o acceso está situado na primeira pranta do edificio e só é posible entrar subindo escaleiras polo que supón un grave problema para todas as persoas con mobilidade reducida. Outra das obras que estaban á espera de subvención é a instalación de cámaras no polígono industrial, así como o arranxo de parques infantís.

Estas tres accións teñen un orzamento cada unha 60.000 euros que aportará a Xunta de Galicia a través dunha subvención.

Agustín Baamonde explicou que tamén que están preparando para sacar a contratación o prego para o mantemento da piscina. Trátase dunha licitación cun cueste moi elevado, xa que a contrata será por catro anos, por unha cuantía de máis de 200.000 euros por anualidade.

Asimesmo sairá en próximos días o prego de contratación para o mantemento da Auditorio de Viallba. O Concello busca con esta obra unha empresa que se encargue tanto do mantemento técnico do edificio como da súa xestión en canto a contratación do espazo, venda de entradas e demais.

Baamonde indicou que neste mes está prevista a publicación de todas estas obras.