Skip to main content
ActualidadeCospeito

Cospeito convoca oito prazas para a loita contra incendios

Por 9 Xullo, 2018Sin comentarios

O Concello de Cospeito vén de convocar catro prazas de peón e unha de xefe de brigada dentro do programa de protección contra incendios forestais. O prazo de presentación de candidaturas remata o martes 10 de xullo e estas deberán presentarse, xunto coa documentación que se solicita nas bases, nas oficinas municipais.

Coas mesmas características convoca tamén tres prazas de conductor de motobomba tamén para a prevención contra incendios. O prazo expira o día 10 e todos os postos son temporais e teñen unha duración de tres meses.