Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

O Concello de Pol oferta catro postos de traballo na loita contra incendios

Por 10 Xullo, 2018Sin comentarios

O Concello de Pol pechará este días o prazo de solicitude para optar aos catro postos de traballo vinculados á loita contra incendios.

A oferta de traballo é para a contratación temporal de tres condutores de motobomba, para a prestación do servicio de prevención e defensa contra incendios forestais no Concello de Pol, así como un tractorista para os labores de desbroce nas vías municipais. O prazo de presentación de solicitudes remata o mércores 11 de xullo e as bases de contratación así como os formularios poden collerse na web www.concellopol.es.

Entre os requisitos dos solicitantes figura que deben estar en posesión dos carnés de conducir tipo B, para o tractorista, e C para motobombas. Ademais, non poderán participar na presente convocatoria aquelas persoas que teñan prestado servizos no Concello de Pol con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade no dito período.