Skip to main content
Actualidade

Inoxidables de Rábade abandona a folga

Por 18 Xullo, 2018Sin comentarios

Os traballadores de Inoxidables Rábade desconvocaron a folga total que mantiñan dende hai unha semana tras acadar un acordo coa empresa.

A folga estivo convocada por CC.OO. de Industria de Lugo e CIG Industria e tras varios paros por horas e por falta de acordo comezaron un paro total por decisión da asamblea.

Dos 41 traballadores da empresa, 28 do 34 asistentes votaron a favor de volver ao traballo.

O cadro de persoal reivindicaba as seguintes cuestións:

  • Formación.
  • Comedor.
  • Carretilleiros, que sexan oficiais de primeira.
  • Equiparación salarial e igualdade salarial tanto a outras plantas do grupo como dentro pola mesma categoría.
  • Revisión categorías.
  • Ventilación e adaptación térmica da nave.
  • Cubrición dos aparcadoiros.
  • Ruído, luminosidade e produtos químicos.
  • Incentivos 500€ trimestrais.
  • Roupa de traballo.
  • Plus de penosidade, toxicidade e perigrosidade.
  • Calendario laboral e vacacións 2018.