Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba prepara o calendario das escolas deportivas

Por 24 Xullo, 2018Sin comentarios

As escolas deportivas de Vilalba teñen listo xa o seu calendario para o próximo ano aínda que os prazo para incribirse aínda non se abriu, xa que será durante quince días no mes de setembro, en datas aínda non determinadas.

Novamente, este ano haberá doce escolas deportivas: Así, judo, loita olímpica estará aberta para rapaces a partir de tres anos mentres que baloncesto, fútbol, fútbol sala, tenis e tenis de mesa para os maiores de cinco anos. Pola súa banda, a ximnasia rítmica abrirase para os maiores de catro e o triatlón para os de seis.

Ademais haberá zumba e ioga para aqueles que teñen cumpridos os dez anos e pilates para os maiores de 12.

As escolas deportivas, que contan cunha gran matrícula todos os anos, comezarán a funcionar despois do verán unha vez rematado o prazo de matriculación.

As actividades desenvoleranse de luns a venres entre as 16.30 e as 22.15 horas e o lugar escollida para cada actividade será diferente. Así, no Auditorio Municipal impartirase, iaga, loita olímpica e pilates. O fútbol será no campo da Madalena con algo de actividade no pavillón do Insua Bermúdez, onde tamén ser xogará ao tenis.

O xudo irá para o ximnasio municipal e a ximnasia rítmica practicarase no pavillón municipal dos Deportos. O baloncesto estará centralizado no pavillón do CEIP Mato Vizoso, como o tenis de mesa e a zumba no do IES Basanta Silva. O tríatlón desenvolverase entre a piscina municipal e a pista de atletismo.

Consulta a programación neste enlace