Skip to main content
ActualidadeVilalba

O aparcadoiro da praza da Constitución terá as primeiras horas de uso gratuítas

Por 4 Agosto, 2018Sin comentarios

Tras o estudo inicial, o Concello inclínase pola opción de poñer as primeiras horas gratuítas no aparcadoiro da praza da Constitución co obxectivo de incentivar a mobilidade neste lugar.

Como explica o alcalde, Agustín Baamonde, a intención do Concello “é que os veciños non utilicen esta zona como garaxe polo que tentarán fomentar o intercambio de vehículos contruíndo unha zona de aparcamento controlado”.

Nun principio, a intención é que as dúas ou as tres primeiras horas sexan de uso libre e que a partir de ahí paguese unha cantidade que aínda non está establecida.

A intención dos rexidores do Concello é que esta medida poda entrar en funcionamento para finais de ano, aínda que antes haberá que redactar unha ordenanza e realizar as obras de acondicionamento coa colocación de barreiras e máquinas.

“Hai que facer esta obra con premura porque de noite o aparcadoiro sempre está abarrotado de coches e de día tamén é un espazo infrautilizado porque o tráfico non rota. De feito hai xente que o deixa meses enteiros”, explica Baamonde.

Por outra banda, o Concello quere tomar a mesma medida na rúa da Pravia tamén co obxectivo de deixar tamén as dúas ou tres primeiras horas de uso gratuíto. Pero a situación é máis difícil de levar a cabo nesta zona porque é aberta, e obrigaría a un control máis exhaustivo o que repercutiría na contratación de vixilantes porque hai que facer unha lectura continuada.

Baamonde indicou que a seguinte obra que se acometará será a ampliación do polígono pero a obra está aínda sen definir.