Skip to main content
ActualidadeMeira

Meira recuperará as meirendas o día 25

Por 21 Agosto, 2018Sin comentarios

Continuando co programa de Meira para o mes de agosto, este ano retomaran As Meirendas, que se celebraron por primeira vez fai dous anos e que o día 25, sábado, terán a súa segunda edición co obxectivo de facelas anualmente a partir de agora. Celébranse no parque de Meira dende as 13:00 horas ata a noite.

Esta celebración é coma un festival que combina xogos tradicionais e modernos con música e as merendas tradicionais como se facían antigamente. 

É un evento para todos os públicos e sobre todo integrador, xa que non son picnics para grupos pechados, senon que busca que a xente interactúe.

Como na primeira edición, escolleranse o rei e a raíña da meirenda, a meirenda máis grande e tamén haberá tempo para a música con varios concertos.

Esta celebración está organizada pola Asociación Gaitafilmes Cultural. A festa terá lugar na zona traseira do Parque Profesor Río Barja de Meira e estará conducida polo actor lucense Igor Fernández. A programación amplíase con respecto á primeira edición nun festival para todas as idades, marcado polas merendas campestres, as actuacións musicais, os xogos populares e o recordo a Xosé da Flor.

A xornada campestre comezará ás 13:00. Ás 14:00 terá lugar a lectura do Manuscrito Meirego e seguidamente o show da agrupación lucense de música teatralizada As Ramilettes, que darán paso ás merendas tradicionais.

As familias e grupos de amigos poden traer a súa comida, mais tamén haberá unha paella xigante, con racións a 5 euros, e bar a disposición dos asistentes.

Durante a tarde terá lugar unha divertida competición de xogos populares e entrega de premios ás “Meirendas” máis destacadas.

Ás 19:00 será un dos momentos máis agardados coa actuación da banda pontevedresa de música galego-balcánica Güintervan, deixando para o final o concerto do grupo local The Tripa Street Band, arredor das 20:30. A festa continuará na noite con luminosos e DJdeLata.

Para a organización do evento, Gaitafilmes Cultural contou coa colaboración do Concello de Meira, a Deputación de Lugo e varios negocios e asociacións da comarca.

PROGRAMA:

13:00. Apertura sonora
14:00. Lectura do Manuscrito Meirego e Sesión vermú con As Ramillettes
15:00. Merendas Populares vs Paella Xigante (Ración 5 euros)
16:30. Grandprix das Meirendas’ 18
19:00. Concerto de Güintervan
20:15. Concerto de The Tripa Street Band e entrega de premios
21:30. Luminosos e DJdeLata