Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol pechará o verán coa festa da Xuventude

Por 30 Agosto, 2018Sin comentarios

O Concello de Friol pechará as actividades do verán cunha nova edición da Festa da Xuventude, unha cita que todos os anos leva moita xente  a esta localidade.

A festa terá lugar o 31 de agosto, día no que tamén se clausura a piscina. A festa dará comezo ás 21.00 horas cunha currascada e pancetada gratuíta que terá lugar no parque Rosalía de Castro. Ademais da comida, os asistentes poderán obter unha ración de pan e bebida para dar comezo a esta festa.

Á medianoite dará comezo a verbena, que estará a cargo da orquestra Miramar e do Grupo América de Vigo e terá lugar na praza Andón Cebreiro.

O alcalde da localidade, José Ángel Santos, indicou a importancia “de ofrecer á mocidade alternativas de ocio”, razón pola que se fai esta festa “que todos os anos congrega moita xente moza na vila”.

“Decidimos adicarlle este día de festa a nosa xente moza, que tan importante é na vida cotidiá do noso Concello, xa que representan o futuro da nosa sociedade, facemos este esforzo, dentro das nosas limitacións económicas para que os nosos mozos e mozas saiban que están moi presentes no día a día da actuación do Equipo de Goberno”, explica. O Concello de Friol apoia o ámbito lúdico da súa mocidade non só coa organización da festa xa que todos os sábados subvenciona o Noitebus hacia Melide para que os mozos eviten levar vehículo propio.