Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz acolle esta fin de semana as VI Olimpiadas Galegas

Por 3 Setembro, 2018Sin comentarios

A Carballeira de Parga e Sete Muíños de Guitiriz acollerán esta fin de semana a sexta edición das Olimpiadas Populares Galegas, unha cita itinerante para colectivos sociales. Esta será a primeira celebración que teña lugar na provincia de Lugo e a data escollida foi o 8 e 9 de setembro.

As probas do sábado terán lugar no CIT e na Carballeira de parga. A reunión dos deportistas está prevista para as 9.00 horas, cando se realizará un almorzo e se entregarán os dorsais. As probas iniciais consistirán nos 100 metros lisos, chave, salto de lonxitude e arrebolamento de sacho.

Pola tarde haberá xadrez, tiro de fisga, canhoteiros, billarda e voleibol.

A competición do domingo terá lugar en Sete Muíños, coas probas de lanzamento de boina, tríatlon e loita galega pola mañá e de tiro de corda, os 5.000 metros e brilé, pola tarde.

A competición chegará ao seu final ás 19.00 horas.