Skip to main content
ActualidadeMeira

Representación contra o bulling en Meira

Por 6 Setembro, 2018Sin comentarios

O Grupo de Teatro A Mariña representará este sábado, 8 de setembro, ás 18.00 horas, a súa peza teatral Eres único: teatro contra o bulling. A obra poderá verse na praza do Convento, ou no barracón da feira se chove.

Esta representación, organizada pola Asociación Cultural Eme de Meira, está dirixida a rapaces maiores de 8 anos.

A obra está dividida en catro actos, todos eles co eixo común do acoso. O primeiro deles titúlase IRA e fai referencia a unha situación de bulling nun aula. O segundo, NON TE RINDAS, é a interpretación dun poema de Mario Benedetti. O terceiro, CIFRAS E LETRAS, achega datos impactantes sobre o acoso en formato telexornal. Remata a peza cunha representación dun momento de acoso típico.

O que se busca con esta obra é facer reflexionar sobre os diferentes tipos de bulling e sobre a importancia da denuncia e de non manterse indiferentes ante un problema cada vez máis presente na sociedade.