Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Pol acolle talleres de cosmética natural e reciclado de aceite usado

Por 7 Setembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Pol organiza para o luns 10 e o martes 11 dous novos talleres abertos á participación de todos os veciños e que terán lugar na Carballeira.

O primeiro deles será de cosmética natural e se celebrará entre as 16.30 e as 20.30 horas. Os asistentes aprenderán a facer crema hidratante, ungüento de hipérico, linimento oleocalcario e cacao labial.

O segundo obradoiro será sobre reciclado de aceite usado e terá lugar o martes 11 entre as 17.00 e as 20.00 horas. Os participantes elaborarán xabón e deterxente de lavadora con aceite usado.

O curso estará ao cargo de grupo Plantas con Alma e será gratuíto. Ademais, os alumos poderán levar para a súa casa mostras de todo o que se realice.

Os interesados en participar deben anotarse nas oficinas municipais ou no teléfono 982 345029.