Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAVilalba

Extinguido o incendio de Vilalba

Por 19 Setembro, 2018Sin comentarios

O personal contraincendios conseguiu estabilizar ás 17,10 horas da tarde de onte un lume rexistrado no concello de Vilalba, concretamente na parroquia de Vilapedre, que afectou a  unha superficie de 35,91 hectáreas de monte raso. Declarouse como completamente extinguido ás 00,11 horas.

O incendio comezou onte ás 10,06 h.  por causas aínda sen determinar e para a súa estabilización traballaron 1 técnico, 4
axentes, 10 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.

Na mesma xornada foron extinguidos tamén en Galicia outros dous lumes, en Lobios e en Vilariño de Couso, tras afectar a 25 e 45 hectáreas, respectivamente.