Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol celebrará a súa tradicional andaina o día 22

Por 21 Setembro, 2018Sin comentarios

Coa colaboración do Club de Atletismo Friol, pon tamén en marcha a Andaina Popular Concello de Friol o sábado 22 de setembro con saída ás once da mañá dende a Casa do Concello ata chegar á Torre de San Paio, o que supón uns seis 6 quilómetros de ruta.

Ao remate do percorrido dous autobuses transportarán ás persoas interesadas de volta a Friol.

A inscrición pode formalizarse de xeito gratuíto ata o 20 de setembro e inclúe unha camiseta de agasallo aportada polo Concello.

Ademais, a organización porá a disposición dos participantes botellas de auga aínda que recomenda que cada un leve a súa botella.

As previsións e volver a congregar a centos de persoas como o ano pasado, en especial á xente maior que é moi habitual destes eventos.