Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Centro da Xuventude de Vilalba organiza varios cursos para o inverno

Por 24 Setembro, 2018Sin comentarios

O Centro da Xuventude de Vilalba, dependente da Consellería de Política Social, realizará durante o outono e inverno unha serie de cursos para os que ten aberta a inscrición.

Os cursos programados novamente para este outono son zumba e fitnes, pintura e debuxo, escola de xadrez, artes plásticas, fotografía dixital, aeróbic e xornadas de cociña.

Estes cursos están dirixidos fundamentalmente á mocidade e abertos á participación de todos os interesados.

Todos os interesados en inscribirse nestes cursos, que son de balde, poden facelo no Centro da Xuventude e solicitar máis información no teléfono 982 82 83 40 polas tardes.

O prazo para inscribirse estará aberto ata o día 28 de setembro, para poder dar inicio aos cursos, malia que continuarán colléndose solicitudes durante todo o curso en todas as actividades, por se xurdiran baixas ao longo do mesmo.