Skip to main content
ActualidadeMeira

Meira organiza un novo obradoiro de restauración de mobles

Por 2 Outubro, 2018Sin comentarios

O Concello de Meira pon en marcha en outubro un novo obradoiro de restauración de mobles que se desenvolverá todos os sábados de outubro e novembro entre as 17:00 e as 19:30 horas comezando xa o 6 de outubro.

Este obradoiro ten un prezo de 65 euros ao mes e a organización lembra a posibilidade de ampliar a novos grupos e horarios en función da demanda.

As inscriciós poden facerse na ofiicna de Turismo de Meira ou no teléfono 618 678 632.

BAILE

Por outra banda, o Concello, debido ao éxito das clases de baile de salón que se impartiron dende xullo a setembro todos os xoves, está a estudar a posibilidade de repetir esta formación en breve.