Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba gañou o premio do reto de ecoembes Recicla, respira e supérate

Por 8 Outubro, 2018Sin comentarios

A  Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ecoembes puxo en marcha a campaña Recicla, respira e supérate que se levou a cabo en Vilalba, e noutros 15 concellos  de Galicia nos meses de maio, xuño e xullo.

Nesta campaña  asumiron o reto de mellorar a reciclaxe de envases lixeiros (latas, bricks, envases de plástico), e o concello que conseguise incrementar nun 10%  o volume de reciclaxe en relación as mesmas datas do ano anterior, acadaría un premio de 2000 euros para destinar a unha causa social.

Así pois, o concello de Vilalba grazas á implicación de todos os veciños e veciñas, logrou superar o reto nun 13% , e decidiu facer a doación do premio ao Centro Ocupacional Vilalba Terra Chá.

O obxectivo que pretende lograr o concello de Vilalba participando nesta iniciativa  é concienciar a toda a poboación sobre a importancia que ten para o medio ambiente separar correctamente os residuos, máis aló destes tres meses, senon facéndoo extensivo ao día a día.