Skip to main content
Actualidade

Deputación e Concello de Lugo participan na xornada informativa de ALCER dirixida aos enfermos renais da provincia

Por 21 Outubro, 2018Sin comentarios

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, inauguraron a XI Xornada Renal que organiza ALCER Lugo. Está dirixida aos doentes de enfermidade renal e nela participaron cirurxiáns, biólogos, farmacéuticos e nefrólogos da provincia de Lugo, que trataron temas como a hemodiálise domiciliaria portátil, os novos tratamentos e investigacións. Deputación e Concello de Lugo colaboran anualmente con ALCER Lugo cunha achega económica de 7.500 euros para colaborar coa enorme labor que presta esta asociación.

Campos Conde subliñou que “actualmente na provincia de Lugo están afectadas por algún tipo de insuficiencia renal máis de 30.000 persoas, o que supón o 10% da poboación lucense. Con estes datos, dende as administracións públicas temos que traballar da man e investir máis en investigación, prevención e concienciación, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”.

 

ALCER LUGO

A Asociación para a loita contra as enfermedades renais de Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro con fins de carácter social, que se constituíu no ano 1981, e que posúe máis de 450 socios. ALCER Lugo posúe unha oficina e sala de reunións, ademais de contar con varios profesionais, como unha psicóloga, unha administrativa e varios voluntarios. A súa función principal é a de ofrecer información e asesoramento sobre a insuficiencia renal crónica (I.R.C.); acompañamento e apoio nas diferentes etapas do tratamento; asesoramento laboral, legal, nutricional e psicosocial individualizado; e colaborar coa Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia. Ademais de prestar estes servizos, organizan ao longo do ano actividades para mellorar a calidade de vida dos doentes, como obradoiros de cociña, manualidades ou exercicio físico, así como campañas de información e sensibilización.