Skip to main content
Actualidade

Novas Xeracións visita Quescrem poñendo en valor o seu esfozo pola expansión internacional

Por 21 Outubro, 2018Sin comentarios

O comité executivo de Novas Xeracións do PP de Lugo visitou este Quescrem e Cafés Candelas, as dúas empresas lucenses galardoadas nos IV Premios Galicia Alimentación que convoca o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), poñendo en valor o seu “esforzo pola expansión internacional” que contribúe a dar a coñecer os produtos galegos no exterior.

A visita comezou nas instalacións de Quescrem, no polígono de Castro Ribeiras de Lea, coa participación dunha vintena de persoas entre as que se atopaban a presidenta de Novas Xeracións da provincia de Lugo, Rosa Arza; o presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo; o presidente da formación en Lugo, Alejandro Pena; o deputado no Congreso Joaquín García Díez, o senador lucense Gerardo Criado e o tenente de alcalde de Castro de Rei, Roberto Lorenzo. Posteriormente, á visita ás instalacións de Cafés Candelas tamén se uniu o presidente do PP de Lugo, Ramón Carballo, xunto a outros membros da agrupación local.

A presidenta da formación xuvenil, Rosa Arza, destaca a “aposta pola innovación e a investigación” de Quescrem; así coma a súa “proxección exterior”. Precisamente esta última estratexia levou a esta firma chairega a conseguir o Premio Galicia Alimentación á por ter contribuído á promoción da calidade e a imaxe dos produtos galegos no exterior.

Igualmente, os membros de Novas Xeracións da provincia queren poñer en valor o plan de expansión internacional de Cafés Candelas que lle fixo merecer o recoñecemento IV Premio Galicia Alimentación á estratexia de mercado.

As fontes de recursos de Lugo

A formación xuvenil dá, así, continuidade á rolda de visitas ás principais fontes de recursos da provincia, aqueles espazos nos que se xera emprego e riqueza a través do desenvolvemento dunha actividade económica da man de empresarios e emprendedores.

Con esta iniciativa, os mozos populares pretenden coñecer máis de preto “o día a día da actividade empresarial da provincia” e, por suposto, “apoiar o seu traballo”.