Skip to main content
Actualidade

Edís do BNG de Outeiro de Rei protestan amordazados por no ter convocado o Pleno

Por 26 Outubro, 2018Sin comentarios

O voceiro do BNG, Xosé Ferreiro, criticou a actitude do alcalde do PP por non ter convocado o Pleno Ordinario da Corporación que debería celebrarse no día en que é emitida esta nova. “Esta claro que o PP non quere efrentar publicamente as razóns polas que nunha instalación municipal hai instalada publicidade dun local no que se comercia con corpos de mulleres”.

Ferreiro sinalou que “a data do pleno ordinario da corporación quedou fixado no Pleno de Organización e ten que celebrarse o último xoves de cada mes par” e engadiu “o alcalde é consciente da gravidade que ten o feito de non convocar un pleno da corporación cando está regulamentado, pero aínda así arriscase ás posibles consecuencias para non debater co BNG”.

O BNG tiña rexistrado, en tempo e forma, unha iniciativa para pedir a regulación de uso e publicidade nas instalacións municipais.Está claro que o alcalde non quería levar ao salón de plenos esta cuestión por que sabe que a xestión do uso das instalacións municipais non esta debidamente regulada e “o alcalde prefire utilizala para tentar vender favores”. Dende o BNG esixirase ao concello que regule a utilización das instalacións municipais e a publicidade que se instale nas mesmas.