Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz convoca sete prazas de persoal laboral temporal

Por 26 Novembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz ven de convocar a selección de persoal laboral temporal de 7 auxiliares de axuda no fogar na creación de bolsa de emprego público temporal 2019-2020.

As bases para a selección dos 7 auxiliares, cun contrato de interinidade, están publicadas no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios, e na páxina web municipal.

Para estes postos de traballo os requisitos dos aspirantes deben ser ter cumpridos os 16 anos, ter nacionalidade española e non padecer ningunha enfermidade nin ter limitacións físicas ou psíquicas. Tamén será requisito ter unha titulación de grado medio en atención sociosanitaria ou equivalente, o carné de conducir B e dispoñer de medio de transporte para o desprazamento entre as diferentes parroquias.

O prazo de solicitude remata o 1 de novembro ao ser de dez días hábiles tras a publicación no BOP (21 de novembro).

A selección do persoal farase mediante un sistema de concurso-oposición. No que se fará un exercicio de dúas probas, unha tipo test e a outra un suposto caso práctico. Estes exercicios son de caracter obligatorio e eliminatorio.