Skip to main content
Actualidade

O BNG de Outeiro solicita ao concello que delimite a estrada de entrada ás urbanizacións

Por 26 Novembro, 2018Sin comentarios

O BNG de Outeiro presentará unha solicitude ao concello para que delimite a estrada de entrada ás urbanizacións que se atopan ao lado do restaurante González.

Esta estrada de titularidade municipal é unha das máis concorridas do concello, xa que nela conflúen os vehículos que circulan polo carril de servizo, xunto cos que se desprazan as urbanizacións e parroquia de Guillar e os propios clientes do restaurante González, que ten o seu aparcadoiro xusto no cruce entre esta estrada e o carril de servizo.

É unha queixa xeneralizada a dificultade na circulación por non se coñecérense os límites da estrada nin do carril de servizo, non existindo ningún tipo de sinalización horizontal que separe ambas vías do aparcadoiro do restaurante.

As horas de máis tráfico, que coincide tamén cos momentos de maior afluencia de clientes ao restaurante, fórmanse uns auténticos atascos e as confusións para coller a estrada son continuas.

“É un verdadeiro perigo, tanto para o vehículos como para os peóns e bicicletas, converténdose nunha auténtica odisea circular por esa zona a algunhas horas do día” dixo Xabier Molinos, concelleiro e residente nesa zona.

A proposta do BNG oo Alcalde non pareceu que lle dera moita importancia e limitouse a dicir “ que si, que parecía que había algunha liña que non se vía moi ben”, cando a realidade é que non existen estas liñas de separen a estradas do aparcadoiro do restaurante.

Arranxo da estrada ata as urbanizacións e senda verde

O BNG xa levou tamén unha iniciativa ao pleno hai tempo para que o concello procedera a amañar con aglomerado en quente este tramo dende ese punto ata a entrada ás urbanizacións, así como a construción dunha senda segura para peón e bicicletas nese tramo.

Agora que a Deputación vai arranxar o firme da estrada despois das urbanizacións ata Martul, esperamos que tamén o concello cumpra a solicitude do BNG e dos veciños e veciñas da zona e proceda a facer estas obras no tramo da súa titularidade.