Skip to main content
ActualidadeXermade

Momán acolle unha actividade da Uned Sénior contra a violencia de xénero

Por 28 Novembro, 2018Sin comentarios

A Uned Sénior organiza este xoves, 29 de novembro, unha xornada sobre violencia de xénero que leva o título Da mesma carne.

O programa contempla unha hora de ensaios nas distintas aulas a partir das 12.00 horas para seguir coas actuacións ata as 14.00 horas. A continuación haberá un xantar de confraternidade e pola tarde varias actuacións que rematarán coa lectura dun manifesto contra a violencia de xénero.

Os actos terán lugar nos locais do restaurante Tino de Momán.