Skip to main content
Actualidade

A Deputación aproba axudas para a promoción da artesanía na provincia

Por 30 Novembro, 2018Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial aprobou este veres as axudas de concorrencia competitiva para asociacións da provincia que ofrece para a promoción da artesanía, e ao mesmo tempo dinamizar cultural e lúdicamente os municipios. Esta iniciativa conta cun investimento de preto de 36.000 euros, repartidos para 39 actividades doutras tantas asociacións, nun total de 25 Concellos da provincia.

A través desta liña o Goberno da Deputación financia a celebración de eventos de promoción da artesanía como encontros ou feiras; así como por exemplo a Feira de Artesanía de Pardiñas, obradoiro de teas, a construción de pandeiras, a posta en valor dos carros, así como cursos de tapicería, cestería, bolillos e cerámica, son algunhas das iniciativas que se promoven. As axudas que se aprobaron oscilan entre os 500 e os 1.000 euros, ningunha entidade que cumpriu os requisitos quedou fóra desta convocatoria. As actividades que se promoven son dentro desta anualidade.

Con cargo a este investimentos realizarase os seguintes eventos nestes 6 Concellos ;

  • Chantada; A.C. Amigos do Folión: obradoiro e posta en valor da tradición dos carros.
  • Samos; A.C. Profesionais, Comerciantes e Artesáns: feira de produtos artesanais.
  • Monterroso; A.C. 25 Xastres: feira dos bicos.
  • Mondoñedo; Asociación de Artesáns Os Muíños: Nadal artesán.
  • Guitiriz; Xermolos: feira de artesanía de Pardiñas .
  • Foz; ANPA-Ex.Alumnos do comarcal Padre Feijoo: A costura nas lendas tradicionais.

E os seguintes 33 cursos nos seguintes 19 Concellos da provincia;

  • Outeiro de Rei; Centro C.Penas de Rodas; Curso de cestería; A Costoña: cestería. Asoc. O Muíño Vello de Matela:cestería.
  • O Incio; ANPA Ricardo Gasstet; obradoiro de construción dunha pandeira.
  • Vilalba; AAVV Distriz – San Martiño: curso de tapizaría; Asociación de Árbol: curso de bolillos; AAVV San Cosme de Nete: cestería; As. Mulleres Rurais Agarimo de Santaballa: bolillos.
  • Viveiro; A.C. Proa: curso de modista; ASPANANE: curso cerámica rakú.
  • Taboada; Asoc.Cultural Sta.Mariña de Cerdeda: curso de cestería
  • Lugo; AAVV. de Benade- Calbrava: encaixe de bolillos; A.Festexeiros de Pías: cestería.
  • Sober; AMMRR de Berea: curso de cestería.
  • As Nogais; As Bulidoiras: obradoiro decoración de teas para confección regalo artesán con xabóns e outros produtos caseiros.
  • Monforte de Lemos; A.C. Amigos da Pandeireta: confección mandil traxe tradicional.
  • Ribeira de Piquín; A. Mulleres Rurais O Chao: curso de cestería.
  • Pastoriza; Asociación Sociocultural Santiago de Reigosa: curso de restauración; AAVV Campo Cruceiro Santa Catalina Pousada: curso de cestería; Asoc. Cultural e Veciñal San Martín de Corbelle: curso de cestería; Asociación Cultural e Veciñal A Rigueira: curso de cestería.
  • Begonte; A.Cultural e Artesanal de palilleiras de Begonte: curso encaixe de bolillos; AAVV. Os Milagres de Saavedra: curso de cerámica.
  • A Pontenova; Asociación Amas de Casa Río Miño : curso de cestería.
  • Castroverde; Asociación Cultural A Chave das Noces: curso tear de alto lizo.
  • Cervantes; APA CPI Cervantes: curso de cestería.
  • O Corgo; AAVV Piñeiro Quetesende Laxe Blanca: curso de cestería.
  • Xermade; AAVV Xaravigo de San Pedro de Miraz : curso de cestería; AAVV San Xulián de Cazás:curso perfeccionamento de cestería.
  • Castro de Rei; Asociación Mulleres A Xuntanza: curso de tear.
  • Cospeito; Aso. Mulleres Rurais:curso de cestería.