Skip to main content
Actualidade

A Casa Museo de Manuel María proxecta un documental sobre o a Galicia literaria dos anos 90

Por 3 Decembro, 2018Sin comentarios

A Casa-Museo Manuel María programa para o sábado 8 de decembro, ás 19 hrs, unha longametraxe documental titulada Vértice de Versos, na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético da Galiza.

Dirixido e producido por Carlos Lorenzo, este proxecto audiovisual presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega. É a primeira vez que un documentario se adentra na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética.

Ao final da proxección haberá un coloquio co seu director. A entrada é libre até completar o aforo (Pode reservarse anticipadamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel. 698177621)

Os responsables da casa museo lembran que estará aberat o xoves 6 de decembro en horario de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30, desta maneira quen queira visitar a casa natal de Manuel María e coñecer a persoa e obra do  escritor é unha boa ocasión para o facer.