Skip to main content
AbadínActualidade

En Marea pregunta sobre os prazos para instalar os sistemas anti néboa na A-8

Por 3 Decembro, 2018Sin comentarios

O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, que leva feito unha labor de constante control parlamentar desde 2016 apremiando ao Ministerio de Fomento con numerosas iniciativas, volta dirixirse a Fomento para esixirlle que concrete se vai iniciar as probas dos prototipos de sistemas innovadores de proteción anti néboa na A-8, tramo Mondoñedo-Abadín, no ano vindeiro.

O deputado de En Marea quere que o Ministerio aclare “en que parte exacta do proceso de longos trámites técnicos se atopa a implantación e experimentación con prototipos de tecnoloxía innovadora para o tramo conflitivo da A-8”. Fernán Vello amosa o cansanzo pola demora dunha solución técnica aos peches constantes da autovía, cuxo problema apareceu nada mais inaugurala en 2014.

“Catros anos levamos de espera, todo un despropósito que demostra a indiferencia coa que se abordan problemáticas como a aludida. Temos na Mariña unha autovía nova pero inútil. Inoperativa, non se pode usar cada vez que hai densas néboas, o cal sucede con frecuencia”.

Fernán Vello quéixase nesta nova iniciativa da resposta de Fomento ofrecida en outubro que segue a mesma liña de “laxitude observada en todo este tempo”.

“O Ministerio di que o procedemento está a seguer os trámites necesarios, pero continúa sen concretar prazos nin horizontes temporais. En que data exacta vai o Ministerio a proceder a comezar cos ensaios dos prototipos? Vai executar as partidas contempladas nos Orzamentos para este ano?”, pregunta o deputado.

Ademais, formula unha serie de preguntas sobre a situación do viaducto de Vedros, na A-8, que pasa por Mondoñedo. “Tivemos coñecemento de que o Ministerio planea levar a cabo unha actuación nese viaducto debido a ter detectado aínda agora que non canaliza a auga das choivas e fíltrase baixo os piares. Por qué non se abordou este problema antes? Que actuacións se van levar a cabo?”.

A mellora das estradas en Lugo: “Todo en redación”. 

Por outra parte, o Ministerio enviou unha resposta por escrito ao deputado de En Marea quen lle demandaba actuacións de mellora da seguridade vial en varias estradas ao seu paso por Lugo. Fomento indica que “ten en redación o proxecto para a reparación do firme na travesía de Guntín na N-540”. En relación á N-120, dí que “está a redactar un proxecto para a mellora no tramo da N-120 á altura de Pantón”. Respeito á N-VI, limítase a sinalar que “están en redación proxectos para a mellora do firme en distintos tramos da N-VI”.

De novo, Fernán Vello asegura que nos “atopamos co desleixo de Fomento. Se houber compromiso sinceiro e vontade, aportaríanse prazos temporais e daríase unha maior concreción. Namentras, estamos no de sempre. Redacións, estudos e proxectos que nunca chegan. As estradas mencionadas precisan de actuacións de rehabilitación urxentes debido á deixadez da que foron obxecto durante todos estos anos”.