Skip to main content
Actualidade

Os Carabullo seguen liderando o ránking de billarda

Por 5 Decembro, 2018Sin comentarios

No primeiro día do mes do Nadal, desputouse o VIII Aberto de Billarda Cidade de Lugo. Setenta participantes chegados de toda Galicia achegáronse ata o parque do Miño, ao pé do Anxo Carro, para celebrar a quinta xornada da LNB.

Outra xornada máis, os Carabullo, da Ponte de Outeiro, manteñen o primeiro posto na xeral tras vencer tamén en Lugo e amplían a sua ventaxa sobre os Billardeiros Musicais que foron os segundos clasificados, terceiros foron as Troitas Bravas da Pontenova.

Na categoría individual absoluta Albino, dos Carabullo, mantense coma líder na clasificación xeral, a pesar de que en esta ocasión foi Xan Rodiño, dos Lúa de Forza de Sanxenxo e ex-xogador da mítica SD Compostela que ascendera a primeira división, o que levou a victoria da xornada tralo desempate con Charli que foi o segundo e Sachas o terceiro.

Ana Lombardero de Carabullo e Sara de Polka foron as que máis puntos fixeron na clasificación feminina que segue liderando Paula dos Chainzos-Cadaval, seguida moi cerca de Geni de Ribadeo.

Destacou tamén na xornada o infantil Miguel, que chegado dende Soandres, A Laracha, achegouse a posicións de podio.

A seguinte xornada xogarase en Ribadeo o vindeiro 16 de decembro, onde o equipo local, os Billardeiros Musicais, tentarán reducir as diferencias cos chairegos de Carabullo.