Skip to main content
ActualidadeCospeito

Volve na Ponte de decembro unha nova edición do concurso de tapas de Muimenta

Por 5 Decembro, 2018Sin comentarios

A xunta directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da parroquia, volven organizar o Concurso de Tapas en Muimenta. A XVII edición terá lugar o xoves 6, venres 7 e sábado 8 de decembro. O horario será entre as oito da tarde e as doce da noite.

Só haberá unha tapa gañadora, e a xente que acuda a consumir as tapas de Muimenta, terá unha tarxeta de ruta, onde só poderán votar por un dos tres locais participantes, aínda que deberá ter o selo dos tres bares. O gañador, será o que teña máis votos.

Cada tarxeta de ruta cuberta terá dereito a entrar nun sorteo dun vale de 75 euros a consumir nos diferentes socios do colectivo empresarial de Muimenta, nos trinta días seguintes á súa entrega.

Manterán o bus de Autocares Darriba que percorrerá a ruta de tapeo cada media hora.