Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol organiza obradoiros este Nadal para nenos

Por 8 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Friol celebrará este Nadal unha serie de obradoiros para nenos de 6 a 13 anos co obxectivo de axudar a conciliar a vida laboral e familiar nesta época do ano non lectiva.

Os obradoiro darán comezo o 26 de decembro e rematarán o 4 de xaneiro con horario entre as 11.00 e as 14.00 horas. O concello estableceu un número de prazas limitado polo que a inscrición deberá facerse antes do 18 de decembro.

Os rapaces aprenderán durante este tempo distintas decoracións da época e estarán debidamente custodiados na Casa do Concello.